Rolda de prensa de ADEGA no CiPG
Santiago de Compostela – 25 de Novembro de 2022. ADEGA convocou unha rolda de prensa para dar conta da denuncia presentada na Fiscalía por presunta prevaricación e malversación da Xunta na tramitación dos parques eólicos de Greenalia. Interviron Belén Rodríguez, secretaria executiva, Froilán Pallín, secretario xeral e Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA.
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA) escolleu o CiPG para convocar
unha rolda de prensa o pasado 25 de novembro na que criticou as actuacións para a
construcción de parques eólicos por parte da Xunta de Galicia. En concreto, ADEGA
referiuse a presunta prevaricación e malversación na tramitación de parques eólicos da
empresa Greenalia Wind Power nas áreas de “Campelo” e “Lamas de Feás”. Asimesmo
ADEGA afirmou que requerirá do goberno galego información sobre o estado de execución
dos distintos plans industriais relativos a potencia eólica, incluído os marítimos.