Ruth Novoa, a galega de Médicos sen Fronteiras, calificou no CiPG de catastrófica a situación de Gaza tras a súa estadía na área bélica

Recén chegada do conflito israelí-palestino na Franxa de Gaza, a enfermeira galega Ruth Novoa detallou a súa dramatica experiencia no Centro Internacional de Prensa de Galicia (CiPG). Segundo o seu relato, as necesidades médicas son enormes sen que os servicios de emerxencias poidan levar a cabo a súa humanitaria labor nun contexto permanente de inseguridade, caos, escasez e opacidade informativa.

Ruth Novoa, que pertence a organización internacional Médicos sen Fronteiras, foi presentada por Nagore Eskisabel, responsable de MSF no norte de España. Ruth Novoa, que percorreu numerosos puntos do planeta atendendo a poboación civil, dixo que a situación de Gaza é desesperada e incomparable a outros conflutos, sen que se atisbe solución a curto prazo.Emocionada en varias ocasións, afirmou sentirse impotente para paliar tantas traxedias, diante da falla de suministros básicos polo bloqueo que o exercito israelí ten sometida a Gaza e polos constantes bombardeos. “Nun mes, apenas durmin duas horas seguidas”, rematou clamando pola solidaridade mundial e demandando un alto o fogo definitivo.