Unha novela e un ensaio sobre o Camiño de Santiago entre as novas propostas do Centro Internacional de Prensa de Galicia

As obras presentadas foron a novela El viaje al fin del mundo, de Manuel F. Rodríguez, e o ensaio El Camino de Santiago: Doce siglos de historia, de Manuel Garrido

O Centro Internacional de Prensa de Galicia acolleu no serán deste martes a presentación da novela El viaje al fin del mundo, de Manuel F. Rodríguez, e o ensaio El Camino de Santiago: Doce siglos de historia, de Manuel Garrido. No acto estivo presentado polo presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, Luis Menéndez, que introducir aos poñentes, Carmen Ollero, profesora de Cursos Internacionais da USC, e José Antonio de la Riera, estudoso xacobeo e directivo da ‘Fraternidad Internacional del Camino de Santiago’.

Ao comezo da presentación fíxose lectura dunhas palabras enviadas dende Polonia polo historiador Francisco Singul, que non puido finalmente asistir ao acto e disculpou a súa ausencia ademais de felicitar e agradecer ao Centro Internacional de Prensa pola organización deste acto.

Manuel Garrido, autor do ensaio El Camino de Santiago: Doce siglos de historia, comezou o seu discurso agradecendo á organización e aos asistentes ao acto. Explicou a continuación a necesidade desta presentación conxunta debido á amizade que une a ambos autores e ter feito «moitas cousas xuntos». Destacou ademais a implicación que existe actualmente en canto ao Camiño de Santiago como xustificación para a súa novela. “Máis que historiador síntome tamén un pouco xornalista”, declarou, facendo referencia á claridade das explicacións da súa obra.

Pola súa banda, Manuel F. Rodríguez, autor de El Camino de Santiago: Doce siglos de historia, agradeu especialmente a «Manolo» Garrido, pola súa xenerosidade compartindo o espazo da presentación e facendo un acto común. Asegurou que a súa obra “máis que tradución é unha versión” e aproveitou para reivindicar a profesión do xornalismo e a presenza de xornalistas nas novelas.