A presidenta da Asociación de la Prensa de Madrid visita o Centro Internacional de Prensa de Galicia con motivo do Día da Liberdade de Expresión

“Os bulos son un arma nuclear”. Esta foi unha das reflexións que fixo este venres a presidenta da Asociación de la Prensa de Madrid, María Fernández Rey, durante a súa visita ao Centro Internacional de Prensa de Galicia, sito na rúa Nova de Santiago.

O CiPG acolleu este acto en conmemoración do Día Mundial da Liberdade de Expresión, introducido polo director do CiPG, Pastor Lorenzo, e presentado por Luis Menéndez, presidente da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE).

O evento deu comezou cun minuto de silencio para lembrar á xornalista Victoria Prego, falecida o pasado mércores 1 de maio. A continuación, o presidente da Asociación contou que a convidada é unha das xornalistas galegas cunha traxectoria de máis sona en Madrid. María Rey, nada en Tomiño, desenvolveu a maior parte da súa carreira facendo información parlamentaria. Actalmente ten un magazine de actualidade en Telemadrid.

Na súa intervención, reflexionou, en primeiro lugar sobre os bulos e as condicións de traballo dos xornalistas, indicando que “a transformación tecnolóxica levou por diante a calidade das condicións de traballo dos periodistas”. Asegurou asimesmo que a precaridade “foi en contra da calidade do xornalismo”.

Opina ademais sobre a análise e a opinión nos medios de comunicación, así como da “irrupción de periodistas que buscan o show público e que prexudicaron a calidade do xornalismo”. “A inmediatez non pode ir en contra da verdade: hai que contrastar”, sentenciou.