O proxecto ‘Experiencia Camino Siglo XXI’ foi presentado no Centro Internacional de Prensa de Galicia

Directivos da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago (FICS) e do Camino Francés Federación (CFF) presentaron no Centro Internacional de Prensa de Galcia aos medios de comunicación o proxecto “Experiencia Camino Siglo XXI) que foi aprobado polo goberno español e financiado pola Unión Europea, ao través dos Fondos Next Generation e que ten unha inversión de 956.000 €. Básicamente trátase dun elaborado programa metodolóxico que pretende axudar á transformación dixital, á formación, a sostenibilidade e a modernización do tecido asociativo e económico do Camiño de Santiago. O proxecto actuará en 17 accións sobre os principais camiños de Santiago patrimonio da Humanidade e se vai desenvolver durante os anos 2023-24. Outros socios deste proxecto son as agrupacións de Amigos do Camiño de Santiago do Norte, de Estella, A Rioxa, Burgos, Sarria, Astorga e a empresa administrardora Sargantana, de Aragón. O presidente da FICS, Juan Carlos Pérez Cabezas, afirmou que se trata de “modernizar o tradicional sen perder a autenticidade e achegar as ferramentas do século XXI desde a conciencia do que significa a peregrinación e o coñecemento do verdadeiro peregrino”.