O CPXG e AGARESO afondan na loita contra os discursos de odio nunha sesión onde mostran o traballo de mozos e mozas vulnerables sobre a saúde mental
O mércores 21 de xuño ás 19:00 horas, no Centro Internacional de Prensa de Galicia, as e os protagonistas dos proxectos Xeración Contrainfo e A Tribo compartirán os resultados acadados nunha sesión organizada polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social, coa colaboración da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela e o CIPG.