Xunta directiva

Presidente: Luis Menéndez Villalva (Ourense, 1959)

Licenciado en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid (1976-81). Traballou en La Región, El Ideal Gallego, Radio Galicia (SER) e Televisión de Galicia, amén de numerosas colaboracións en distintos xornais, revistas e axencias de noticias. Especialista en documentais de viaxes.
Dirixiu programas como “Galicia no Mundo”, “Europa”, “Galeguidade”, “Terras de Merlín”, “Terras do Leste” e “Terras de Acolá”. Premios: “TP” a programas informativos (1989), “Alvaro Cunqueiro” para escritores e xornalistas (1983) e “Premio Galicia de Xornalismo” (1990) e “José Aurelio Carracedo” (2004). Ten publicado Toda a Terra é dos Homes (Galaxia, 93), Vida e Viaxes na Galeguidade (Xunta de Galicia, 96) e Galleira Passport (Alvarellos, 2014).

Vicepresidenta: Xulia Campo Vázquez (Mos, Pontevedra, 1967)

Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou no Atlántico Diario de Vigo e no 1990 incorporouse como Redactora ós Servizos Informativos da Televisión de Galicia (TVG). Foi presentadora e reporteira dos programas “O Agro” e “Labranza” e directora e editora de varios espazos dos servizos informativos como “A Revista” , “Bos Días”, “Galicia Directo”, “Informativo local de Santiago” , “A Solaina” e “Revista da tarde”.
Entre 1992 a 1995 foi redactora xefa da revista especializada “Agrocultura”.
Desde 2006, pertence á Directiva da Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela, onde foi Secretaria e na actualidade ocupa o cargo de vicepresidenta. Ademais é fundadora da Agrupación de Mulleres Xornalistas da APSC (AMX) e da Asemblea Nacional de Mulleres Xornalistas.

Secretario: Manuel Torrente

Tesoureira: Mª del Carmen Prado Rico (Cospeito, Lugo, 1951)

Licenciada en xornalismo pola Universidade Autónoma de Barcelona. Colaborou con La voz de Galicia, A Nosa Terra e Radio Mollet. Incorporouse aos Servizos Informativos da Televisón de Galicia en 1985. Nesta canle autonómica dirixiu o informativo de “Fin de Semana” e editou o “Telexornal Mediodía”, o “Bos Días Magazine” e os programas “A Solaina” e “A Revista”.

Vogais

Belén Baños (A Coruña, 1977)

Licenciada en Ciencias da Información (Xornalismo-Periodismo) e licenciada en Comunicación Audiovisual. Amante e activista do xornalismo, da escritura e da lectura, da música e da cultura en xeral, da lingua, da socioloxía, da psicoloxía, da natureza, das viaxes, da tradición e da innovación, das causas sociais e de todo servizo e exercicio para a xustiza social e para o ben público.

Silvia Viqueira

Xornalista con máis de veinte años de experiencia. Desenvolveu traballo en prensa, opinando e informando, y agora enfocándose na comunicación corporativa e institucional, especialmente en medios dixitais e especializada en turismo e viaxes.

Pastor Lorenzo (Mugardos, 1958)

Director do CiPG, foi durante 15 anos Director de Comunicación da USC, coordinador informativo da Axencia EFE, Xefe de Prensa da Consllería de Economía da Xunta de Galicia, redactor en RNE, Cadena Ser, Radio 80 e correspondente en El Correo Gallego e ABC. Membro da Directiva da Academia de Ciencias e das Artes da Televisión.

Exerceu de Director de Comunicación e Relacións Externas da CRTVF e realizou numerosos traballos como produtor executivo, entre os que destacan a serie documental Gallaecia Fulget durante o V Centenario da USC, Las manchas gallegas de El Quijote ou Lorenzo Varela, de mar a mar.

Manuel Midón

Pepe Formoso

Camila Riquelme

David Sobrino