A APSC e a Cámara de Comercio organizan o curso "A marca empresarial/persoanl 2.0: Aprende a montar o teu proxecto dende 0"

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) e a Cámara de Comercio de Santiago veñen de poñer en marcha un curso no que os alumnos poderán elaborar de principio a fin un proxecto de comunicación dixital.‘A marca empresarial/persoal 2.0: Aprende a montar o teu proxecto dende 0′ será impartido polo doutor en Ciencias da Comunicación, Carlos Toural.

O curso terá lugar no Viveiro de Empresas do Polígono de Costa Vella durante seis xornadas: os sábados 18 e 25 de abril e 2, 9, 16 e 23 de maio, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os asistentes poderán elaborar un plan de comunicación da súa marca empresarial/persoal, dar forma a un sitio web (en formato blog, web corporativa ou outros) e descubrir que redes sociais son as máis axeitadas para a súa marca, rematando o curso co seu proxecto en marcha e sabendo, ademais, usar ferramentas que lle permitirán desenvolver outros de igual xeito.

Ler máis: A APSC e a Cámara de Comercio organizan o curso "A marca empresarial/persoanl 2.0: Aprende a...

A APSC LAMENTA O PASAMENTO DE ALEJANDRO ARMESTO, XORNALISTA COMPOSTELÁN UNIVERSAL

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) lamenta o falecemento, esta fin de semana, en Santiago, do xornalista  Alejandro Armesto Buz, que nacera na nosa cidade en 1925  e tivera unha longa traxectoria profesional.

En Galicia, exercera como redactor xefe de El Progreso de Lugo e de subdirector de La Hoja del Lunes desa cidade, posteriormente ostentaría diversos cargos profesionais enFaro de Vigo. En Madrid, foi director xerente da Axencia EFE, entre 1969 e1976, tamén desenvolveu labores como conselleiro diplomático en Italia e, en 1980, trasladouse aos EUA onde foi consultor de News International do grupo Murdoch. Tamén foi profesor da Escola Oficial de Periodismo e vicepresidente da Asociación da Prensa de Madrid-FAPE. Obtivo por dúas veces o Premio Nacional de Xornalismo.

Os xornalistas composteláns amosan o seu pesar a familiares, amigos e compañeiros de Alejandro Armesto, que residía nesta súa cidade de nacencia desde a súa xubilación e que cedera súa voluminosa biblioteca á Cidade da Cultura de Galicia. Descanse en paz.

A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO CELEBRA O PATRÓN CUNHA CAMIÑADA A PROL DO GALEGO

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) celebrará este sábado 24 de xaneiro, día do Patrón da profesión, San Francisco de Sales, cunha camiñada reivindicativa no último tramo Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo (11:30 horas) ata a Praza do Obradoiro, onde está prevista a chegada ás 13:00 horas.

Ler máis: A ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE SANTIAGO CELEBRA O PATRÓN CUNHA CAMIÑADA A PROL DO GALEGO

A APSC chama á sociedade para que se comprometa na defensa da lingua galega

Defender o Galego é defender o noso futuro

No día do Patrón dos Xornalistas, San Francisco de Sales, a APSC, obedecendo mandato asambleario, realizou unha camiñada reivindicativa a prol do idioma galego no último tramo do Camiño de Santiago, esoutro valor cultural universal que tamén merece respecto.

Ler máis: A APSC chama á sociedade para que se comprometa na defensa da lingua galega

A APSC amosa a súa máis sentida condolencia polo pasamento de José Luis Alvite

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC) amosa o seu pesar polo pasamento de José Luis Alvite, ao tempo que envía a súa máis sentida condolencia á familia do xornalista.

José Luis Rey Alvite, nado en Santiago no ano 1940, foi membro dunha ilustre saga xornalística en Compostela. Escribiu para diversos medios galegos e nacionais como La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Diario 16, Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña, La Nueva España e La Razón. Tamén colaborou con Radio Nacional, Onda Cero. Tamén publicou diversos libros onde recopilou os seus artigos e columnas publicadas nos distintos diarios. Sempre estivo vencellado a nosa cidade.

Descanse en paz.


search
Copyright ©2019 periodistascompostela.gal - Design by www.zanwenga.com
f t g m

Reporteros sin fronteras